REDE_LAB_MINHO

PROXECTO

Rede de Apoio ás Dinámicas Locais de Cooperación no Río Miño Transfronteirizo
0493_REDE_LAB_MINHO_1_P

O proxecto “Rede de Apoio ás dinámicas locais de cooperación no Río Miño Transfronteirizo”, REDE_LAB_MINHO, ten o obxectivo xeral de profundar a nivel organizativo e eficiente no proceso de cooperación transfronteiriza na rexión do río Miño a través da implementación de capacitación e accións de promoción e networking co obxectivo de crear unha plataforma colaborativa entre as dinámicas locais transfronteirizas.

OBXECTIVOS

  • A consolidación do AECT Rio Minho como órgano unificador entre as distintas institucións e entidades locais da rexión transfronteiriza:
    • Fomento da cooperación e protocolos transfronteirizos;
    • Participación en reunións de ámbito europeo.
  • Dinamización dunha rede de cooperación e observación de dinámicas transfronteirizas:
    • Fomento de reunións sectoriais transfronteirizas;
    • Implementación dun Observatorio de Dinámica Territorial do Río Miño Transfronteirizo.
  • Creación de capacidades, información e sensibilización das estruturas institucionais transfronteirizas locais:
    • Formación de técnicos dos Municipios transfronteirizos (galegos do Río Miño);
    • Fomento de reunións técnicas entre eurocidades no territorio transfronteirizo;
    • Creación de Axendas Urbanas transfronteirizas.
  • Promoción da cidadanía europea apoiada nunha fórmula de gobernanza cooperativa, dinámica e participativa:
    • Definición dun programa de participación pública transfronteiriza;
    • Fomento do Consello Económico e Social do Río Miño Transfronteirizo.

ORZAMENTO

345.396€

PROGRAMACIÓN

01/04/2019 a 05/04/2022

FINANCIAMENTO

75% cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional FEDER a través do Programa Interreg V-A España Portugal (POCTEP) 2014-2020.

BENEFICIARIO

logo-aect-rio-minho

VÍDEO RESUMO

ACTUALIDADE