LIGAZÓNS

SOCIOS

Comunidade Intermunicipal do Alto Minho, socia fundadora do AECT Rio Minho, comprende os municípios que corresponden á Unidade Territorial Estatística de Nível III (NUT III) do Alto Minho: Arcos de Valdevez, Caminha, Melgaço, Monção, Paredes de Coura, Ponte da Barca, Ponte do Lima, Valença, Viana do Castelo e Vila Nova de Cerveira.

Deputación de Pontevedra, socia fundadora do AECT Rio Minho, responsable da administración da Provincia de Pontevedra. Dos 61 concellos galegos que integran a Deputación de Pontevedra, 16 pertencen ao territorio do AECT Rio Minho: A Guarda, Arbo, As Neves, A Cañiza, Covelo, Crecente, Mondariz, Mondariz-Balneario, Oia, O Porriño, O Rosal, Ponteareas, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Tomiño e Tui.

REDES

A Associação das Regiões Fronteiriças Europeias, á que está asociada o AECT Río Minho dende xullo de 2020, é unha organización cuxo obxectivo é representar os intereses das rexións fronteirizas e transfronteirizas europeas, tanto a nivel europeo como nacional e rexional.

Plataforma xestionada polo Comité das Rexións Europeas

Actualmente hai 81 Agrupamentos Europeos de Cooperación Transfronteiriza rexistrados na Unión Europea, o AECT Río Minho foi a 72 en rexistrarse.

LIGAZÓNS DE INTERESE