REDE _ GOV _ MINHO

PROXECTO

Rede de Gobernanza do Rio Minho Transfronteirizo
0021_REDE_GOV_MINHO_1_P_V3

Este proxecto busca o desenvolvemento da actividade do AECT Rio Minho, dando un paso máis á rede de apoio ás dinámicas locais de cooperación transfronteiriza creada para este territorio, e estruturar transversalmente unha rede de capacitación para a súa gobernanza coa creación e desenvolvemento dun grupo de traballo técnico ao que se capacitará para dinamizar as axendas urbanas transfronteirizas.


Busca tamén a promoción do coñecemento e información a través da dinamización do Observatorio de Dinámicas Transfronteirizas do Rio Minho, a capacitación dos seus socios neste ámbito e a promoción de redes de colaboración e alianzas.


Desenvolveranse así cinco accións piloto sobre mobilidade, cultura e políticas sociais que se aplicarán no primeiro nivel de fronteira.

OBXECTIVOS

  •  Reforzar unhas dinámicas de cooperación históricas que os diferentes proxectos europeos executados no territorio tamén axudaron a fortalecer mediante a implementación de diferentes accións. 
  • Estruturar unha rede de capacitación, executar o programa de capacitación e desenvolver as axendas urbanas transfronteirizas, mediante a dinamización do observatorio socioeconómico
  • Profundizar, a nivel organizacional e de eficiencia, no proceso de cooperación transfronteiriza na zona internacional do Rio Minho a través do liderado e consolidación do AECT Rio Minho
  •  Analizar a evolución dos recursos para recompilar información e elaborar propostas.
  • Capacitar aos axentes locais en mobilidade transfronteiriza, sostible e na redución de uso do transporte individual. 
  • Implementar un proxecto piloto de mobilidade transfronteiriza a demanda e outro sobre mobilidade eléctrica. 
  • Crear unha estrutura que coordine as dinámicas socio-culturais transfronteirizas e as políticas de igualdade de xénero. 

ORZAMENTO

797.536,83 €

PROGRAMACIÓN

01/07/2023 a 31/12/2026

FINANCIAMENTO

75% cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional FEDER a través do Programa Interreg VI-A España Portugal (POCTEP) 2021-2027

BENEFICIARIO

logo-aect-rio-minho

OUTROS BENEFICIARIOS

ACTUALIDADE