O AECT RIO MINHO

Quen somos?

O Agrupamento Europeo de Cooperación Territorial do Río Miño, de agora en adiante designado abreviadamente por AECT Rio Minho, é unha persoa colectiva de dereito público, constituída pola Comunidade Intermunicipal do Alto Miño e pola Deputación Provincial de Pontevedra con vista a promover a cooperación territorial transfronteiriza.

O AECT Rio Minho foi constituído ao abrigo do Regulamento (CE) n.º 1082/2006, de 5 de xullo, do Parlamento Europeo e do Consello, de 5 de xullo, alterado polo Regulamento (UE) nº 1302/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, de 17 de decembro de 2013, a través de escritura pública celebrada a 24 de febreiro de 2018, tendo este acto sido publicado na 2ª Serie do Diario da República Portuguesa de 08 de marzo de 2018, rexistrado no Comité das Rexións Europeo co nº 72 e publicado no Xornal Oficial da Unión Europea a 20 de abril de 2018.

O AECT Rio Minho ten como obxectivo facilitar e promover a cooperación territorial entre os seus membros a través de accións de cooperación territorial, incluíndo todas as accións que, con respecto polas súas competencias e pola lexislación da Unión Europea, portuguesa e española aplicables, lle sexan cometidas, por delegación ou subdelegación de entidades nacionais ou europeas, para execución de programas ou de proxectos cofinanciados principalmente polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, Fondo Social Europeo ou Fondo de Cohesión.

Atribucións

O AECT Rio Minho, co obxectivo de contribuír ao desenvolvemento e reforzar a cohesión económica e social do seu territorio, ten como atribucións:

  • Articular o espazo común e promover as relacións de cooperación territorial no seu territorio.
  • Aumentar a cohesión institucional do territorio de intervención e promover o patrimonio cultural e natural transfronteirizo.
  • Promover o territorio do AECT Rio Minho no exterior para a valorización das potencialidades dos recursos endóxenos.
  • Crear e consolidar a marca turística transfronteiriza Río Miño e outras marcas no ámbito nacional e internacional.
  • A execución e xestión de contratos e convenios celebrados no ámbito do desenvolvemento de todas as accións que lle permitan beneficiarse dos instrumentos financeiros adoptados ou previstos por España e pola República Portuguesa, preferentemente con financiamento europeo.
  • A xestión de equipamentos e a explotación de servizos de interese xeral de ámbito transfronteirizo, cando tal estea expresamente definido polas entidades constituíntes do AECT Río Minho ou, se fora o caso, por calquera outra entidade a través da contratación do AECT Río Minho polos procedementos estipulados na lexislación aplicable.
  • A promoción e elaboración de estudos, planos, programas e formas de relacionamento entre os entes públicos asociados.
  • A promoción da cooperación entre os seus membros no ámbito territorial en que exerce as súas funcións, preferentemente con financiamento da Unión Europea.

Ámbito territorial

  • O Río Miño Transfronteirizo está situado no eixo Vigo-Porto.
  • O ámbito territorial do AECT Rio Minho corresponde:
    • en Portugal, á delimitación territorial da Comunidade Intermunicipal do Alto Miño, integrada por 10 municipios: Arcos de Valdevez, Caminha, Melgaço, Monção, Paredes de Coura, Ponte da Barca, Ponte de Lima, Valença, Viana do Castelo e Vila Nova de Cerveira.
    • en España, á parte do territorio da Deputación Provincial de Pontevedra, formada polos 16 concellos galegos da fronteira do Río Miño: Arbo, A Cañiza, O Covelo, Crecente, A Guarda, Mondariz, Mondariz-Balneario, As Neves, Oia, Ponteareas, O Porriño, O Rosal, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Tomiño e Tui.
  • Extensión: 3.312 km2
  • Poboación: 376.000 habitantes, sendo a fronteira máis poboada entre Portugal e España.
  • Mobilidade: Fronteira ibérica máis transitada co 47% de todas as travesías nas fronteiras entre España e Portugal.

Territorio da eurorrexión Galiza – Norte de Portugal

Territorio do AECT Rio Minho

Situación xeoestratéxica

O AECT Rio Minho ten unha localización estratéxica no centro da eurorrexión Galiza – Norte de Portugal, desempeñando un papel fundamental na articulación entre ambos os dous territorios.

As intensas relacións industriais, sociais, culturais e económicas da eurorrexión Galiza – Norte de Portugal teñen o seu epicentro no territorio do río Miño Transfronteirizo.

Oportunidades do territorio

icono-aect-01-w-180x180

Situación estratéxica

icono-aect-02-w-180x180

Longa e consolidada tradición de cooperación transfronteiriza

icono-aect-03-w-180x180

Patrimonio lingüístico, arqueolóxico, arquitectónico e cultural común

icono-aect-04-w-180x180

Áreas naturais protexidas (Rede Natura 2000)

icono-aect-05-w-180x180

Diversidade e calidade medioambiental, variada gama de ecosistemas naturais e espazos naturais de grande interese

icono-aect-06-w-180x180

Fronteira más poboada entre España e Portugal

icono-aect-07-w-180x180

Paisaxe litoral común de importante valor cultural, natural e turístico

icono-aect-08-w-180x180

Recursos endóxenos transfronteirizos con potencial para ser comercializados e transformados

icono-aect-09-w-180x180

Sector marítimo pesqueiro, produtos agrícolas e turismo