O Código de Contratación Pública (en adiante denominado abreviadamente como CCP), aprobado polo Decreto Lei nº. 18/2008, de 29 de xaneiro, en vigor dende o 30 de xuño de 2008, establece a disciplina imposta á Contratación Pública e, á súa vez, aplicable á formación de contratos públicos celebrados por entidades adxudicadoras, nas que concretamente tamén se enmarca o AECT Rio Minho.
As comunicacións, intercambios e arquivos de datos e información previstos no CCP, procésanse a través de plataformas electrónicas que obedecen aos principios e regras definidos no Decreto Lei n.º 143-A/ 2008, de 25 de xullo e na Orde 701-G / 2008, de 29 de xullo, e demais lexislación aplicable.
Sen embargo, no caso dos procedementos de consulta previa e de axuste directo, prevese a posibilidade de non empregar a citada plataforma, sempre que se empreguen medios electrónicos. Unha excepción a este réxime figura no artigo 11 do CCP.
A celebración de calquera contrato na secuencia de Axuste Directo é anunciada polo AECT Rio Minho no portal BASE, que contén a información detallada de todos os contratos celebrados en virtude do referido contrato.
En resumo, o CCP prevé que a contratación pública debe ser totalmente electrónica. Así pois, desde que xorde a vontade de contratar ata que se celebre o contrato, os poderes adxudicadores deben empregar medios totalmente electrónicos. Neste marco, a contratación é soportada por un conxunto de entidades e ambientes, que asumen función diversas, dos cales se poñen a disposición os enlaces:
BASE – O portal ten por función descentralizar a información máis importante relativa a todos os procedementos precontractuais, os cales, dacordo co CCP, son obrigatoriamente electrónicos.
O portal configura un espazo virtual onde se publicitan os elementos referentes á formación e execución dos contratos públicos, permitindo así o seu seguemento e monitorización.
https://www.base.gov.pt/Base/pt/Homepage