RIO_MINHO_2030

PROXECTO

Revisión da Estratexia do Rio Minho Transfronteirizo 2030
0011_RIO_MINHO_2030_1_P

Este proxecto busca adaptar a ‘Estratexia do Rio Minho Transfronteirizo 2030’ aprobada en 2019 no marco do proxecto SMART_MINO ao novo contexto xurdido post Covid-19.

Esta necesidade de adaptación é debida a dúas circunstancias principais: (i) a aprobación dos regulamentos e marcos financeiros para o período 2021-2027 na súa versión operativa; e (ii) todo o novo escenario aberto pola irrupción da Covid-19 e a súa xestión, que, para o conxunto da fronteira hispano-portuguesa deu lugar a unha variedade de novos documentos estratéxicos tales como a ‘Estratexia Común de Desenvolvemento Transfronteirizo España-Portugal’ (2020) ou, para o caso de Galiza-Norte de Portugal inclúe, entre outros, un novo PIC (2021).

OBXECTIVOS

  • Revisar e adaptar a ‘Estratexia do Rio Minho Transfronteirizo 2030’. Dita adaptación resulta capital para o futuro do territorio cuberto polo AECT Río Minho e implica a mellora na gobernanza da cooperación transfronteiriza mediante un proceso estratéxico adaptado que será liderado polo propio AECT.
  • Aliñar a Estratexia en relación con documentos clave producidos a escala comunitaria tales como os Regulamentos UE 2021/1059 e 2021/1060 ou a ‘Axenda Territorial 2030’ aprobada en 2021, ou ben en relación cos producidos especificamente para o conxunto do ámbito transfronteirizo hispano-portugués e o ámbito eurorrexional de Galiza-Norte de Portugal.
  • Elaborar unha nova diagnose prospectiva que permita fundamentar unha Estratexia adaptada para o territorio do Rio Minho Transfronteirizo e que conduza á elaboración dun plan de acción final de carácter proactivo e executivo.

ORZAMENTO

35.000,00 €

PROGRAMACIÓN

01/03/2023 a 30/06/2023

FINANCIAMENTO

75% cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional FEDER a través do Programa Interreg V-A España Portugal (POCTEP) 2021-2027.

BENEFICIARIO

logo-aect-rio-minho

ACTUALIDADE