VISIT_RIO_MINHO

PROXECTO

Preservación e valorización do Rio Minho Transfronteirizo
0444_VISIT_RIO_MINHO_1_P

O proxecto VISIT RIO MINHO ten como obxectivo capitalizar a marca “Río Miño” a través de actividades transfronteirizas para a preservación, cualificación e mellora ambiental dos recursos endóxenos asociados coa promoción e comunicación do Río Miño como destino (eco)turístico.

OBXECTIVOS

  • Estructurar, xestionar e capitalizar a marca “Río Miño”, involucrando axentes con habilidades e interese en (eco)turismo, reforzando así a importancia do Rio Miño e as poboacións rurais locais;
  • Promover intervencións que garantan a estruturación da Rede de Vias Verdes no río Transfronteirizo Miño e a interpretación de roteiros ecoturísticos;
  • Valorar os produtos de Rio Miño nos mercados de proximidade e valor agregado (certificación e curtocircuítos);
  • Implementar mecanismos e modelos innovadores para medir o fluxo de visitantes e turistas cara aos espazos naturais;
  • Lanzar e promover novas formas de promoción na rexión.

ORZAMENTO

2.010.664,67€

PROGRAMACIÓN

01/10/2015 a 30/06/2021

FINANCIAMENTO

75% cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional FEDER a través do Programa Interreg V-A España Portugal (POCTEP) 2014-2020.

REDES SOCIAIS DO PROXECTO

WEB DO PROXECTO

ACTUALIDADE