Alcaldes e alcaldesas do territorio do Rio Minho transfronteirizo coñecen o plan de acción para a revisión da Estratexia 2030

Alcaldes e alcaldesas do territorio do Rio Minho transfronteirizo coñecen o plan de acción para a revisión da Estratexia 2030

Alcaldes e alcaldesas do territorio do Rio Minho transfronteirizo coñecen o plan de acción para a revisión da Estratexia 2030

O AECT Rio Minho continúa a dar pasos cara á revisión da Estratexia do rio Minho transfronteirizo 2030, un documento que permitiu enmarcar os proxectos e actividades dos últimos anos e presentar candidaturas de proxectos para o territorio en convocatorias financiadas polos programas FEDER dentro do Marco Orzamentario Europeo 2014-2020.

Alcaldes e alcaldesas do territorio do Rio Minho transfronteirizo coñecen o plan de acción para a revisión da Estratexia 2030 Alcaldes e alcaldesa do territorio do rio Minho transfronteirizo déronse cita en Valença para coñecer o programa de traballos que se realizarán para a revisión e adaptación dese documento inicial para aliñar a estratexia aos requirimentos do novo período 2021-2027, facendo unha adaptación cun enfoque integrado como área funcional Rio Minho que permita concentrar recursos de financiamento con vistas a convocatorias de novos proxectos previstas para o primeiro semestre de 2024.

Con esta nova xuntanza, alcaldes e alcaldesas dos concellos do territorio iniciaron xunto ao AECT Rio Minho unha andaina coa que se busca crear un novo documento xustificando a articulación funcional dos espazos nos que desenvolver estratexias que fomenten a creación de emprego, a cohesión social do territorio e o benestar da cidadanía a través de políticas concertadas, promovendo, valorando e desenvolvendo os recursos e potencialidades do territorio común.

Estes traballos de revisión contan co financiamento POCTEP 21-27 no ámbito do proxecto Rio Minho 2030, aprobado na primeira convocatoria INTERREG VI A POCTEP.