Hoxe constituiuse o Grupo de Traballo Técnico do proxecto de gobernanza REDE_GOV_MINHO, en Valença

Esta reunión supón o primeiro paso na implementación deste proxecto co-financiado polo Programa Interreg 2021-2027

 

Vinte técnicos da alianza do REDE_GOV_MINHO participaron esta mañá na reunión de constitución do Grupo de Traballo Técnico deste proxecto europeo de gobernanza co-financiado polo Programa Interreg 2021-2027.

Nesta reunión foi presentado o equipo que traballará no proxecto REDE_GOV_MINHO, así como os proxectos piloto que serán desenvolvidos polos concellos socios e as actividades e accións que serán elaboradas até o ano 2026. Asemade, foi constituído o Grupo de Traballo Técnico e fixada a data para a próxima reunión.

A alianza, coordinada polo AECT Rio Minho, é constituída polos concellos de Tomiño, A Guarda, Tui, Salvaterra e As Neves, e de Melgaço, Vila Nova de Cerveira, Valença, Monçao e Caminha, e ten un orzamento total de 797.000€, co-financiado nun 75% polo FEDER.