16 Xan Esta mañá reuniuse en Valença o Grupo de Traballo Técnico do proxecto REDE_GOV_MINHO
O obxectivo da reunión foi avanzar na execución dos cinco proxectos piloto dos concellos socios
Esta mañá reuníronse en Valença 15 técnicos do Grupo de Traballo Técnico do proxecto REDE_GOV_MINHO, co-financiado polo Programa Interreg 2021-2027.
Nesta segunda reunión de traballo avanzouse na calendarización dos cinco proxectos piloto que serán desenvolvidos polos concellos socios e no planeamento de actividades e accións que van ter lugar ata 2026.
A alianza, coordinada polo AECT Rio Minho, é constituída polos concellos de Tomiño, A Guarda, Tui, Salvaterra e As Neves, e de Melgaço, Vila Nova de Cerveira, Valença, Monçao e Caminha, e ten un orzamento total de 797.000€, co-financiado nun 75% polo FEDER.