O potencial turístico portugués traspasa fronteiras

O potencial turístico portugués traspasa fronteiras

Santiago foi o escenario de dous novos eventos de ‘Esencia do Minho’, unha campaña para dar a coñecer en Galicia o atractivo do norte de Portugal

 

Promover o territorio do Minho entre as e os galegos. Ese era o obxectivo de ‘Esencia do Minho’, unha campaña que promoción do potencial turístico portugués que desembarcou en Santiago de Compostela con dous importantes eventos cos que conquistar ao público galego.

Tras o seu paso por Lisboa e Porto, o Consórcio Minho Inovação, composto pelas comunidades intermunicipais de Alto Minho, Cávado e Ave desembarcou en Santiago con dous importantes eventos cos que promocionar a riqueza cultural, histórica e gastronómica e un destino invadido pola natureza.

 

Incrible a maridaxe de produtos e sabores na degustación enogastronómica celebrada e a cargo dos recoñecidos chefs António Loureiro, do restaurante A Cozinha de Guimarães, e de Lucía Freitas, da Tafona de Santiago de Compostela. Sorprenderon ás e aos comensais cun elaborado menú a catro mans harmonizado con algúns dos mellores viños da rexión do Minho, destacando o rico patrimonio gastronómicos de ambos territorios. A través de produtos da horta e do mar, a degustación ofreceu unha fusión de sabores das dúas rexións, realzando a identidade de cada cultura e tamén as súas semellanzas.

Por outro lado, a sala Capitol acolleu un interesante concerto do músico Daniel Pereira Cristo, unha viaxe tradicional de Minho a Galicia con invitados especiais como o cantautor Xabier Díaz e o grupo polifónico de ‘Cantareiras do Vale de Neiva’. Unha fusión de voces e sons de influencia minho-galega a través de artistas comprometidos coa terra e as súas orixes.

 

Antes do concerto, a Praza do Obradoiro, fronte a Catedral de Santiago, as Cantareiras do Vale do Neiva e o Grupo de Toque de Palo de Bucos, candidato a Patrimonio Inmaterial da Unesco, realizaron unha pequena actuación coa que ir abrindo boca.