Plan de Mobilidade Sustentable

O Plan de Mobilidade Sustentable do Rio Minho Transfronteirizo (PMST) aposta por colocar as persoas no centro da planificación dun extenso territorio: a fronteira ibérica máis transitada e a que ten un maior tráfico de vehículos de media (47%) entre España e Portugal.

Un plan de mobilidade sustentable consiste nun conxunto de accións que teñen como obxectivo implementar formas de desplazamento máis sostibles (a camiñar, uso de bicicleta, uso de transportes públicos…) reducindo o consumo enerxético e as emisións contaminantes e acadando, ao mesmo tempo, unha mellora na calidade de vida dos cidadáns, o desenvolvemento económico e a cohesión social.

O PMST é o instrumento necesario para a planificación de forma racional a circulación de vehículos e persoas, atendendo aos requisitos de toda a cidadanía, capaz de impulsar os cambios necesarios na mobilidade ante o actual modelo de transporte hexemónico centrado en dar fluidez e capacidade aos vehículos motorizados.

ACTUALIDADE