O programa “Vive o Rio Minho ao Máximo” arrancou coas primeiras experiencias náuticas no Rio Minho

 

Os primeiros paseos en barco, marcaron o inicio dun verán dedicado á descuberta do territorio desde a auga.

O programa “Vive o Rio Minho ao Máximo”, promovido polo AECT Rio Minho no marco do proxecto VISIT_RIO_MINHO_PLUS, iniciou o pasado 29 de xuño o seu calendario de actividades cunha primeira experiencia náutica, convidando participantes a descubrir o río desde unha nova perspectiva.

A primeira actividade, consistiu nun paseo guiado en embarcación polo treito medio do Rio Minho. Ao longo do percorrido, os participantes tiveron a oportunidade de coñecer de preto a riqueza paisaxística, ambiental e patrimonial deste espazo transfronteirizo, desfrutando dunha experiencia segura, accesible e en contacto directo coa natureza.

Esta primeira acción marca o inicio dunha programación que se desenvolverá ao longo do verán e que integra 26 experiencias náuticas distribuídas por diferentes puntos do territorio do Rio Minho. No seu conxunto, o programa ofrecerá 300 prazas, das cales 100 están destinadas a profesionais do sector turístico e 200 ao público en xeral. A iniciativa pretende achegar locales e visitantes ao río, promovendo novas formas de o descubrir e valorizar o seu potencial como destino de turismo activo, de natureza e de lecer.

Ademais da súa vertente recreativa, o programa contribúe á valorización do patrimonio natural e cultural compartido, fomentando unha relación máis próxima co río e reforzando a identidade do territorio transfronteirizo. Ao mesmo tempo, promove o tecido empresarial local, apoiando a actividade dos operadores náuticos e impulsando un modelo de turismo sustentable baseado na cooperación entre Galicia e o Norte de Portugal.

As actividades forman parte do proxecto VISIT_RIO_MINHO_PLUS, cofinanciado polo Programa Interreg VI-A España–Portugal (POCTEP) 2021-2027, que aposta pola consolidación do Rio Minho como un destino turístico de excelencia, mediante o desenvolvemento dunha oferta innovadora, integrada e sustentable de experiencias nauticas.

O programa “Vive o Rio Minho ao Máximo” continuará durante os próximos meses con novas experiencias destinadas a diferentes públicos, permitindo seguir descubrindo o Rio Minho desde a auga e reforzando a súa posición como un dos principais recursos naturais, turísticos e identitarios da eurorrexión.

As persoas interesadas poden consultar o calendario completo das actividades e realizar a súa inscrición a través das canles oficiais do Visit Rio Minho.

Mais información sobre o proxecto:
https://visitriominho.eu/

https://www.instagram.com/rio.minho/

https://www.facebook.com/VisitRioMinho/

Consulta a Experiencias Vive o Rio Minho:
Náutico | Visit Rio Minho Plus