19 Out O Consello de Coordinación do AECT Rio Minho reuniuse onte en Valença para abordar a execución de proxectos futuros e preparar a elaboración do Plan de Actividade para o ano 2024
O Consello Coordinador aprobou ademais o documento “Revisión da Estratexia do Rio Minho Transfronteirizo 2030”
Onte tivo lugar en Valença unha reunión do Consello de Coordinación do AECT Rio Minho, na que se definiron as orientacións e o calendario para a elaboración do Plan de Actividades e Orzamento para o próximo ano 2024, así como outros asuntos relacionados coa execución de futuros proxectos.
Valeriá Paul e Juanma Trillo, mestres da Universidade de Santiago de Compostela, presentaron o documento “Revisión da Estratexia do Rio Minho Transfronteirizo 2030”, elaborado no marco do Programa Interreg VI A, que foi aprobado polo Consello Coordinador.
Estiveron presentes nesta reunión o novo director do AECT Rio Minho, deputado de Cooperación Transfronteiriza e alcalde da Guarda, Roberto Carrero; o subdirector do AECT Rio Minho e presidente da Câmara Municipal de Vila Nova de Cerveira, Rui Teixeira; un dos vogais do Consello Coordinador e presidente da Câmara Municipal de Valença, José Manuel Vaz Carpinteira; e a concelleira de Ponteareas, Silvia Fernández Táboas, en representación da nova vogal do Consello Coordinador e alcaldesa de Ponteareas, Nava Castro.