27 Out O AECT Rio Minho expuxo esta mañá as súas prioridades de cooperación transfronteiriza, en Tui, coa visita da comisaria europea Elisa Ferreira
O encontro celebrouse no Parador de Turismo San Telmo de Tui, coma actividade paralela ao Interreg Annual Meeting
O AECT Rio Minho foi unha das entidades participantes no encontro que hoxe tivo lugar en Tui con motivo da visita da comisaria europea de Cohesión e Reformas, Elisa Ferreira, que está a participar tamén no Interreg Annual Meeting.
Na reunión desta mañá no Parador de Turismo San Telmo, o AECT Rio Minho destacou, por unha banda, a necesidade de desenvolver a gobernanza multinivel transfronteiriza e o fomento da cidadanía transfronteiriza e, por outra banda, a posta en marcha dunha estratexia de desenvolvemento do seu territorio – Estratexia Transfronteiriza do Rio Minho 2030 – e tamén de xestión e mobilización conxuntas para abordar os problemas existentes do rio Miño.
A comisaria europea tivo a oportunidade de coñecer directamente, por parte dos distintos axentes, os proxectos de cooperación que se realizan entre España e Portugal. Tras coñecer os obstáculos e a situación na que están os diferentes proxectos, Elisa Ferreira incidiu na importancia de xerar emprego, de axudar ás familias xóvenes a establecerse neste territorio, de mellorar as infraestruturas ferroviarias e, sobre todo, de seguir implantando medidas que respondan ás presións e necesidades climáticas.
No encontro, ademais do AECT Rio Minho, participou a Eurocidade Tui-Valença, as Eurocidades Cerveira-Tomiño, Salvaterra-Monçao e Verín-Chaves, e tamén o Eures Transfronteirizo.