Os ríos Miño e Soca protagonizan un debate da #EURegionsWeek sobre as fronteiras fluviais como ferramenta de cohesión territorial

O AECT Rio Minho e o AECT Go (Italia-Eslovenia) coorganizan un workshop sobre as peculiaridades dos ríos fronteira e o seu potencial como ferramenta de cohesión territorial no marco da celebración dos Side Events encadrados na Semana Europea das Rexións e das Cidades (#EURegionsWeek).

Trátase dunha sesión online o 8 de novembro, ás 11:00h , moderada pola xefa adxunta da unidade “Interreg, Cooperación transfronteiriza, Fronteiras interiores” da DG REGIO, Nathalie Verschelde e na que participarán o director do AECT Rio Minho, Uxío Benítez, a directora do AECT Go, Romina Kocina, a eurodeputada Isabel Estrada Carvalhais e o eurodeputado Matjaž Nemec.

Toda a información sobre o evento e o programa completo pódense visitar en https://aectriominho.eu/sideevent/. Pola súa banda, as inscricións deben realizarse a través do seguinte formulario https://bit.ly/3Tm4ikp.