Contribucións do territorio do río Miño transfronteirizo para a Cimeira Ibérica 2022

Co motivo da celebración da Cumio Ibérico en Viana do Castelo o vindeiro venres 4 de novembro, o AECT Rio Minho, a Deputación de Pontevedra e a CIM do Alto Minho asinaron o pasado día 25 unha Declaración que foi entregada á Ministra da Coesão Territorial de Portugal e ao Delegado do Goberno español en Galicia co obxectivo de potenciar e desenvolver socioeconomicamente o territorio do río Miño tranfronteirizo.

A continuación reproducimos as contribucións do territorio do Rio Minho transfronteiriço para a Cimeira Ibérica 2022 asinadas na Declaración de Pontevedra:

O territorio transfronteirizo do río Miño ten importantes características comúns e forte interdependencia nas súas relacións económicas, sociais e culturais.A súa situación xeoestratéxica no centro da Eurorrexión fai do Río Miño un espazo de cooperación singular que abrangue a zona de fronteira máis dinámica e de potencial socioeconómico entre España e Portugal. Nos seus cinco pasos fronteirizos -dos 64 existentes – asume máis do 50% total do fluxo de vehículos, ten activas unhas 13.000 persoas traballadoras transfronteirizas, conta con tres eurocidades e outros eixos urbanos con dinámicas de cooperación informais, e dispón do único río internacional declarado área da rede Natura 2000, ademais dun patrimonio material e inmaterial conxunto recoñecido de xeito internacional. Os seus obxectivos de futuro están incluídos nunha planificación estratéxica (Estratexia Río Miño 2030) na que participaron 500 entidades.

Durante centos de anos após de que os Estados fixaran as fronteiras, os territorios fronteirizos tiveron un perxuízo de desenvolvemento económico polo efecto fronteira e a imposibilidade e/ou dificultade de relacionarse socioeconomicamente. Coa pandemia do COVID, 25 anos despois da apertura das fronteiras, os Estados decidiron un peche que tivo un dobre impacto económico no territorio.

Por isto, a Deputación de Pontevedra, a CIM Alto Minho e o AECT Rio Minho solicitan aos estados  español e portugués o seu apoio específico tendo unha ollada integral para este territorio coas seguintes prioridades para o desenvolvemento na cooperación transfronteiriza España-Portugal:

  • Desenvolvimento Local e Coesão Territorial no Rio Minho Transfronteiriço. Valorização e debate sobre a importância da fronteira internacional do rio Minho pela sua situação geoestratégica e pela sua caraterística de fronteira mais transitada e com maior potencial de dinamismo socioeconómico. Análise da possibilidade de uma Intervenção Territorial Integrada ou da aposta num projeto global de desenvolvimento territorial estruturante no quadro do novo programa Interreg.
  • Conectividade e desenvolvemento empresarial. Garantía de investimento público para mellorar a conectividade e transporte de mercadorías entre o aeroporto de Vigo, os Portos de Vigo e Viana do Castelao, as infraestruturas viarias (A52 na Galiza e A3, A28 e A27 en Portugal) e a rede de parques empresariais e centros de loxística.
  • Aposta polo corredor atlántico ferroviario. Apoio claro da alta velocidade Vigo-Porto cunha mellora da liña e o aumento do número de frecuencias. Aproveitamento da actual infraestrutura –mellorada- para ser explotada como tren de proximidade transfronteirizo que permita ao territorio conectar os grandes núcleos urbanos entre ambas cidades.
  • Facer máis Europa integrando a cidadanía e facilitando a mobilidade transfronteiriza. Aposta pola mellora da mobilidade sustentable transfronteiriza tanto no ámbito ferroviario (alta velocidade e tren de proximidade) como impulsando proxectos singulares de mobilidade local, como o da ponte peonil e ciclable entre Tomiño e Vila Nova de Cerveira no que a Deputación xa ten redactado o proxecto.
  • Mellora da cobertura, a conectividade e a oferta de servizos dixitais e de telecomunicacións (rede móbil, fibra óptica e 5G).
  • Posta en marcha a Tarxeta de Cidadanía Transfronteiriza para a poboación dos concellos limítrofes ao Río Miño que permita xeneralizar a utilización común de equipamentos e o acceso común a servizos de proximidade, ademais de simplificar a súa vida na fronteira.
  • Defensa ambiental dun recurso natural común. Promover e impulsar un compromiso dos Estados para un proxecto integral de saneamento e mellora ambiental do Río Miño. Apoiar iniciativas conxuntas nacidas no territorio sobre promoción turística que procuren desenvolvemento económico e innovación territorial atraendo persoas, empresas e novas actividades.

 

Pontevedra, 25 de outubro de 2022

 

Pode descargar aquí a Declaración de Pontevedra