Axentes locais e institucións inician a revisión da Estratexia 2030 do Rio Minho transfronteirizo

Axentes locais e institucións inician a revisión da Estratexia 2030 do Rio Minho transfronteirizo

Axentes locais e institucións inician a revisión da Estratexia 2030 do Rio Minho transfronteirizo

 

Hoxe foron dados os primeiros pasos para revisar a Estratexia 2030 do Rio Minho transfronteirizo. O AECT Rio Minho liderou este martes un encontro con axentes locais e institucións en Valença para traballar nesta iniciativa que busca elaborar un plan de acción que permita mellorar a gobernanza da cooperación no territorio. Ao abeiro do proxecto Rio Minho 2030, aprobado na primeira convocatoria INTERREG VA POCTEP, procúrase a adaptación da estratexia territorial do Rio Minho 2030 para elaborar un plan de acción que se candidatará á 6ª convocatoria do programa, prevista para o primeiro semestre de 2024.

Con esta xuntanza, representantes de concellos e grupos de desenvolvemento rural iniciaron xunto ao AECT Rio Minho unha andaina para revisar a Estratexia de Cooperación Intelixente para o territorio do Rio Minho transfronteirizo, xustificando a articulación funcional dos espazos nos que desenvolver estratexias que fomenten a creación de emprego, a cohesión social do territorio e o benestar da cidadanía a través de políticas concertadas, promovendo, valorando e desenvolvendo os recursos e potencialidades do territorio común.

Neste camiño, axentes locais e institucionais unirán esforzos para fortalecer a cooperación e promover o desenvolvemento sostible do territorio, perfilando tamén accións que procuren a innovación, o desenvolvemento do emprendemento e a igualdade de oportunidades.

 

Axentes locais e institucións inician a revisión da Estratexia 2030 do Rio Minho transfronteirizo