A Deputación de Pontevedra, a través da súa área de Cooperación Transfronteiriza, acaba de organizar unha nova edición do programa de actividades ecoturísticas “Vive o Minho” para impulsar o territorio transfronteirizo como destino de natureza.
Entre as propostas de balde para o público haberá unha andaina popular, rutas de sendeirismo, rafting, caiac, visitas culturais, degustacións de viño e observación de estrelas en Vila Nova de Cerveira, Tomiño, O Rosal, Melgaço, Salvaterra de Miño, Arbo, Monção, A Guarda, Oia e Caminha.
O obxectivo do programa é atraer visitantes ao territorio transfronteirizo do río Miño, baixo o lema “Dous países, un destino”, de maneira sostible e amosar todos os atractivos da súa riqueza paisaxística, natural, cultural e gastronómica.
O programa “Vive o Minho” enmárcase no proxecto homónimo, cofinanciado con fondos FEDER a través do programa “Interreg V-A POCTEP 2014-2020”.
Esta actividade consistirá nun paseo entre viñedos e campos de cultivo, a través dos cales as persoas participantes poderán conectar co río, explorar praias fluviais e insuas que forman parte da Rede Natura 2000, e descubrir o rico patrimonio da zona.
Datos da actividade
Programación da actividade
O percorrido é autoguiado e estará sinalizado sobre o terreo. Cada participante terá unha ligazón á aplicación Wikiloc para seguir a ruta co móbil ao seu ritmo. Ademais, haberá persoal de apoio nos puntos de referencia.
Datos da ruta de sendeirismo
Recomendacións para as persoas participantes
A actividade comprende unha ruta de sendeirismo entre a desembocadura do río Tamuxe e o porto de Goián, onde tamén se visitará a súa fortaleza. Esta ruta, de 10 km e baixa dificultade, denomínase Senda dos Pescadores. Despois realizarase o tramo inverso en caiac polo río. Ambas as rutas estarán guiadas e interpretadas, e discorren por un lugar natural e cultural de gran beleza.
Datos da actividade
Programación da actividade
Datos da ruta de sendeirismo
Datos da actividade de caiac
Recomendacións para as persoas participantes
Realizarase unha visita guiada á poboación de Melgaço e ao Solar do Alvarinho en Portugal, despois visitarase o Centro de Interpretación do Viño e da Lamprea (Museo Arabo), no municipio de Arbo. O xantar será libre pola zona e de tarde gozaremos dun descenso en rafting polo río Miño na zona de Arbo, dirixido pola empresa local Arrepións.
Datos da actividade
Programación da actividade
Datos da actividade de rafting
Recomendacións para as persoas participantes
Realizarase unha ruta circular, duns 12 km e dificultade media, que discorre pola zona de Longos Vales de Monção. Ao mediodía as e os participantes poderán xantar nalgún lugar próximo, coma Monção ou Salvaterra de Miño. Pola tarde realizarase unha visita guiada a Salvaterra de Miño e ao Museo da Ciencia do Viño, cunha degustación ao final.
Datos da actividade
Programación da actividade
Datos da ruta de sendeirismo
Recomendacións para as persoas participantes
Realizarase unha pequena ruta desde A Guarda polo Camiño de Santiago da Costa ata unha cetárea, e ao regreso coñecerase o Museo do Mar. Despois visitarase unha bodega local na que se fará unha degustación. O xantar será libre pola zona e de tarde visitarase o mosteiro de Santa María de Oia e farase unha ruta de sendeirismo, que pasa por el. Para rematar, contemplaranseda Pedreira, onde ao solpor se gozará dunha cea tipo pícnic, proporcionada pola organización, e dunha actividade de observación astronómica.
Datos da actividade
Programación da actividade
Datos da Ruta das Cetáreas
Datos da Ruta do Mosteiro
Recomendacións para as persoas participantes
Realizaranse unha visita cultural aos lugares máis emblemáticos da vila de Caminha e, a continuación, unha pequena ruta de sendeirismo na contorna da praia de Moledo. Finalmente, rematarase cunha visita ao forte da Ínsua, xusto na desembocadura do río Miño entre A Guarda e Caminha, ao que se accederá en barca.
Datos da actividade
Programación da actividade
As e os participantes dividiranse en grupos; a metade fará a visita a Caminha pola mañá e a ruta e a visita ao forte pola tarde, e a outra metade ao revés.
Datos da ruta de sendeirismo
Recomendacións para as persoas participantes