Xogo tradicional

O xogo tradicional forma parte do patrimonio cultural dunha comunidade. Contribúe en planos como os da educación, o da cultura ou o da comunicación. Permite aprender a relacionarse dentro da comunidade, mostrando un carácter pedagóxico evidente. Ademais, implica a participación de toda a comunidade, fomentando a convivencia da diferencia e da igualdade, e do desenvolvemento das capacidades individuais e colectivas.

Os medios empregados para xogar atopábanse no entorno próximo, como pedras ou paus. Entre os escasos obxectos de consumo que tiñan á súa disposición, as crianzas obtiñan esferas dos peches das botellas de gasosa ou aproveitaban rodamentos en desuso dos talleres mecánicos.

Normalmente, os xogos das nenas e nenos non se mesturaban, aínda que si xogaban en conxunto nalgunhas ocasións, como nas escondidas.

Este patrimonio atopase en risco de desaparecer ante os novos ritmos da vida actual. Por evitar que caian no esquecemento, un colectivo de Melgaço reúnese desde fai anos para practicar os xogos tradicionais da súa infancia e transmitirllos ás novas xeracións. Un dos xogos que máis practican é o jogo da malha ou jogo do fito no que cun disco ou malha deben tirar uns pinos ou pezas cilíndricas que están de pé ao fondo do campo de xogo.