Tesouros da pesca e o río

José Ramón Rocha

José Ramón naceu nas Neves no ano 1945. Comezou a ir ao río dende neno, acompañado polo seu pai, que o iniciou no mundo da pesca e lle ensinou os seus segredos. Anos despois de emigrar a Francia volveu á vila para realizar diferentes traballos pero o río xa pasara a converterse nunha afección, non unha actividade económica real da que sacar proveito. É unha das poucas persoas que domina a técnica da construción das artes que se usan no río,  coma o voitirón ou viturón, a cabaceira, o alxerife, o trasmallo, as redes dun pano, a chumbeira ou as nasas.

José Manuel Camiña

José Manuel naceu nas Neves no ano 1949. A súa familia era propietaria de pesqueiras na beira do río e aprendeu co seu pai e o seu avó os saberes asociados á pesca dende esas construcións.

José Manuel non volveu a pescar ata a súa volta da emigración, cunha dedicación limitada desde aquela a fins recreativos. É propietario de varias pesqueiras e destaca que, se ben antes pescaba salmón, troita, lamprea, sabel, anguía ou boga, agora a cantidade de peixe que descendeu drasticamente.