04 Mar Sesión formativa das Axendas Urbanas Transfronteirizas sobre elaboración de plans de acción na Aula Cemit de Tui
Un novo obradoiro do programa de capacitación para a creación das “Axendas Urbanas Transfronteirizas das Eurocidades do Rio Minho” impulsado polo AECT Rio Minho tivo lugar hoxe na Aula Cemit de Tui. Á xornada asistiron técnicas e técnicos municipais do territorio para formarse no desenvolvemento de plans de accións, como definilos e como estruturalos.
Esta é a cuarta sesión formativa do programa que persegue aportar as ferramentas necesarias para que os municipios aprendan a configurar as súas ideas e os seus proxectos de futuro traballando a un e a outro lado da fronteira con iniciativas compartidas baseadas nos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable da ONU.
Con esta sesión rematan as xornadas estritamente teóricos e agora serán as e os técnicos municipais os que deban realizar un traballo por Eurocidades e grupos de traballo onde recollan obxectivos e propostas para desenvolver nas súas rexións. As próximas xuntanzas consistirán en dúas sesións de apoio e seguimento os vindeiros 11 e 18 de marzo e unha de presentación dos resultados o 25 de marzo en Valença.
A implantación das Axendas Urbanas Tranfronteirizas no territorio do Rio Minho permitirá que a área transfronteiriza do Río Miño sexa máis inclusiva, resiliente e sostible. A importancia das axendas transfronteirizas reside no seu carácter innovador. Trátase dun traballo de cooperación e de planificación conxunta e sorbe todo concibir o territorio como un área funcional.
O Programa de Capacitación “Axendas Urbanas Transfronteirizas das Eurocidades do Río Miño”, está impulsado polo AECT Rio Minho e forma parte do proxecto “Rede de Apoio ás Dinámicas Locais de Coooperación no Río Miño Transfronteirizo” – Rede Lab Minho, co-financiado polo Programa Interreg V-A España – Portugal”.