Remata a primeira fase do programa de capacitación das Axendas Urbanas Transfronteirizas do Río Miño coa presentación dos traballos finais en Valença

A primeira fase do programa de capacitación das Axendas Urbanas Transfronteirizas do Rio Minho rematou hoxe en Valença coa exposición dos traballos finais realizados polos técnicos e técnicas municipais dos concellos transfronteirizos. En total foron presentáronse catro propostas unha por cada grupo de traballo ou Eurocidade.

As propostas de liñas de acción seleccionadas polo grupo de traballo de Melgaço-As Neves-Arbo foron o emprego e economía local; o patrimonio Natural, a mobilidade sustentábel, a accesibilidade, a exclusión social e a redución dos gases invernadoiro.

No caso do grupo de traballo conformado polos municipios de Caminha, A Guarda e O Rosal os obxetivos sinalados foron a conservación e mellora do patrimonio natural e cultural e a protección da paisaxe; a promoción da produtividade local, a xeración de emprego e dinamización da actividade económica; a promoción da participación cidadá,  transparencia e favorecimento da gobernanza multi nivel; o fomento dos modos de transporte sustentables, e o fomento do turismo sustentable e de calidade.

O documento presentado pola Eurocidade Tomiño-Cerveira centrouse na conservación e mellora do patrimonio natural e cultural e a protección da paisaxe; a participación pública, a transparencia e a gobernanza multi-nivel; o fomento da cohesión social e a promoción da igualdade; a promoción dunha xestión sustentable dos recursos e o favorecimento da economía circular,  e no fomento da produtividade local, da creación de emprego e a promoción da economía circular.

Por último, no caso da Eurocidade Tui-Valença e municipio de Salvaterra os obxectivos elixidos foron o impulso da produtividade local, creación de emprego e a dinamización da actividade económica; o fomento do turismo sustentable; a conservación e mellora do patrimonio natural, cultural e protección da paisaxe; o fomento dos medios de transporte sustentables, a accesibilidade e calidade dos espazos públicos.

O programa de capacitación “Axendas Urbanas Transfronteirizas das Eurocidades do Rio Minho” intégrase no proxecto “Rede de Apoio ás Dinámicas Locais de Coooperación no Río Miño Transfronteirizo” – Rede Lab Minho”, promovido polo AECT Rio Minho e co-financiado polo Programa Interreg V-A España – Portugal”.