28 Xul Os concellos de A Guarda, Caminha e O Rosal inician unha nova na configuración dunha Axenda Urbana Transfronteiriza
O AECT Rio Minho mantivo hoxe unha reunión telemática coas equipas técnicas municipais dos concellos de A Guarda, Caminha e O Rosal para iniciar unha nova fase de traballo de cara á configuración dunha Axenda Urbana Transfronteiriza para este territorio.
O secretario técnico do agrupamento europeo, Lois P. Castrillo, explicou que os concellos contarán en todo momento co apoio técnico do AECT Rio Minho e dunha empresa consultora, que será quen poda guiar como executar o proceso. O seguinte paso será en primeiro lugar a selección de dúas áreas temáticas sobre as que se desenvolverán as de liñas de acción correspondentes. Ademais, esta fase incluirá tamén un proceso de participación pública e reunións entre as equipas técnicas e os axentes sociais involucrados.
O programa de capacitación “Axendas Urbanas do Río Miño” intégrase no proxecto “Rede de Apoio ás Dinámicas Locais de Coooperación no Río Miño Transfronteirizo” – Rede Lab Minho”, promovido polo AECT Rio Minho e co-financiado polo Programa Interreg V-A España – Portugal”.