O Observatorio das Dinámicas Transfronteirizas organiza un workshop sobre sustentabilidade e economía verde

O Observatorio das Dinámicas Transfronteirizas, iniciativa do AECT Rio Minho, organiza o vindeiro xoves 10 de novembro no Rosal un obradoiro sobre “A sustentabilidade no sector primario no Río Miño Transfronteirizo”. Durante o encontro falarase sobre economía verde e poderanse coñecer diferentes casos de éxito do desenvoltos no territorio así como se debaterá sobre as principais problemáticas ás que se enfrontan a economía en materia ambiental.

O workshop terá lugar ás 16:30 (hora galega), no Centro Social Polivalente do Concello de O Rosal sito na Rúa dos Cabaqueiros, 4.

O ODT é unha innovadora ferramenta a través da cal podemos obter información actualizada sobre aspectos socioeconómicos do territorio transfronteirizo. O seu obxectivo é o de converterse nun espazo de consulta no que as persoas estudantes, institucións e persoas emprendedoras poidan atopar datos actualizados que lles permitan desenvolver políticas públicas e privadas de éxito.  Así mesmo, o ODT eríxese como  unha “ferramenta indispensable” para continuar actualizando a diagnose territorial da Estratexia do Río Miño Transfronterizo, e o seu Plan de Acción.

O ODT é unha iniciativa do AECT Rio Minho e forma parte do proxecto “Rede de Apoio ás dinámicas locais de cooperación no Río Miño transfronteirizo – Rede Lab Miño”, cofinanciado polo Programa Interreg V-A España Portugal.