O #ECDay marca o inicio da segunda fase de traballo da creación das Axendas Urbanas Transfronteirizas

O AECT Rio Minho convocou ás equipas técnicas municipais do territorio a manter unha xuntanza telemática con motivo do Día da Cooperación Europea (#ECDay) na que se abordou o inicio da segunda fase de traballo das Axendas Urbanas Transfronteirizas do Río Miño. Na reunión participaron as técnicas e técnicos municipais dos grupos de traballo de Caminha- A Guarda- O Rosal e de Arbo-Melgaço-As Neves, e das Eurocidades Tomiño-Cerveira e Tui-Valença así como o equipo do AECT Rio Minho e o consultor que da seguimento á iniciativa, Arturo González.

No encontro acordouse pór en marcha a segunda fase de traballo da creación das Axendas Urbanas Transfronteirizas que se desenvolverá ao longo deste outono. O obxectivo é implementar un proceso de participación pública en cada grupo de traballo e Eurocidade tras a selección de dúas áreas temáticas sobre as que se deseñarán diferentes liñas de acción.

Estas propostas serán compartidas con axentes estratéxicos do territorio en varias mesas de traballo implicando aos colectivos directamente interesados en cada caso na toma de decisións. Unha vez finalizadas as mesas de traballo abrirase un proceso de participación pública máis amplo a través dunha enquisa que dea voz á cidadanía sobre cuestións que lle concirnen e afectan no seu día a día e que permitirán redeseñar e ampliar as propostas iniciais.

As Axendas Urbanas Transfronteirizas do Rio Minho son un traballo de cooperación e de planificación conxunta entre ambas marxes do río para crear proxectos de futuro baseados nos ODS. O obxectivo é gobernanza común a nivel local enfocándose na mellora da vidas das persoas e crear un territorio máis sustentable e inclusivo.

O programa de capacitación “Axendas Urbanas do Río Miño” intégrase no proxecto “Rede de Apoio ás Dinámicas Locais de Coooperación no Río Miño Transfronteirizo” – Rede Lab Minho”, promovido polo AECT Rio Minho e co-financiado polo Programa Interreg V-A España – Portugal”.