O Consello de Coordinación do AECT Rio Minho reuniuse onte en Valença para avanzar no Plan de Actividades e Orzamento para 2024

O Consello de Coordinación do AECT Rio Minho mantivo onte unha nova reunión onde se avanzou no Plan de Actividades e Orzamento para o próximo ano 2024, que será aprobado neste mes de decembro pola Asemblea Xeral. Ademais foron abordados outros asuntos relacionados coa execución de proxectos do AECT Rio Minho.