O AECT Rio Minho reúnese coa Presidencia da CCDR-N para avaliar as prioridades da cooperación transfronteiriza Galiza-Norte de Portugal

O Director do AECT Rio Minho, Rui Teixeira, foi recibido hoxe pola Presidencia da Comissão de Coordenação de Desenvolvimento Regional do Norte (CCDR Norte) co obxectivo de presentar os principais proxectos do AECT Rio Minho para o futuro e avaliar as prioridades da cooperación transfronteiriza para Galiza-Norte de Portugal.

Rui Teixeira comezou por poñer en valor as dinámicas e relacións transfronteirizas e a cultura que une ambos territorios, ademais de identificar a necesidade de concretar as grandes infraestruturas que permitirán potenciar o investimento na rede ferroviaria de alta velocidade (Porto-Valença-Vigo), inscrito no Programa Nacional Investimentos 2030 e promover a integración socioeconómica da Eurorrexión Galiza-Norte de Portugal. Concretamente falou da “finalización do IC1 até Valença con conexión a Monção e á A52 na Galiza, dando servizo á Plataforma Loxística (PLISAN) e a estación do AVE Ourense-Madrid”, como da mellora da actual EN 101-202, con conexión a Valença-Monção-Melgaço no ámbito do Plano de Proximidade e “a mellora da ligazón á fronteira da Madalena – Remodelação da actual EN 203 e EN304-1 entre Ponte da Barca e Lindoso (“IC28 para Lindoso-Ourense”), contribuíndo para unir o Alto Minho ás principais redes de comunicación que unen con Madrid e co centro de Europa (nomeadamente, estación do AVE liña Ourense-Madrid e á A52).

Nun período en que rematou recentemente a segunda consulta pública do Programa Interreg para o próximo período de programación 2021-2027, Rui Teixeira destacou “a posta en valor dos recursos locais do territorio transfronteirizo, o fortalecemento dos mecanismos de mobilidade e a eliminación dos custos de contexto transfronteirizo, como as grandes prioridades do AECT Rio Minho para este período”.

Tamén destacou a importancia deste territorio do Rio Minho transfronteirizo, “que é a bacía de emprego mais relevante entre Portugal-España, con cerca de cerca de 13.000 traballadores transfronteirizos, e unha verdadeira área funcional transfronteiriza”, Rui Teixeira defendeu tamén “a necesidade deste programa de reforzar o apoio a estes territorios que tanto sufriron nos últimos dous anos co peche de fronteiras na secuencia da crise pandémica COVID19”, destacando que o AECT Rio Minho presentará unha carteira de proxectos estruturantes no ámbito da promoción de turismo sustentábel, dunha rede de recursos verdes transfronteirizos, de acción de preservación da biodiversidade dos grandes activos ambientais do territorio, da promoción do patrimonio cultural material e inmaterial, da cultura como centralidade transfronteiriza e da eliminación de obstáculos à mobilidade transfronteiriza.

O AECT Rio Minho transmitiu as súas preocupacións sobre a proposta do Programa Interreg 2021-2027, entregando ao Presidente da CCDR-N un documento técnico que presentou no marco da Consulta Pública que rematou o pasado dia 20 de xaneiro, e que identifica os principais puntos críticos no proceso de elaboración e desenvolvemento deste programa de apoio á cooperación transfronteiriza.