O AECT Rio Minho participou onte nunha reunión de traballo do proxecto ‘Building More Resilient Cross-Border Regions’ en Bruxelas, promovido pola DG REGIO da Comisión Europea e pola OCDE

Esta foi a primera das dúas reunións de intercambio de coñecemento “peer to peer” entre as cinco rexións participantes no proxecto que tentan promover o diálogo sobre gobernanza transfronteiriza, mecanismos de toma de decisións e planificación estratéxica para o desenvolvemento transfronteirizo.

O AECT Rio Minho presentou a súa experiencia na gobernanza transfronteiriza e na planificación estratéxica, dando a coñecer os pasos dados cara a cooperación transfronteiriza real e efectiva.

As outras catro rexións piloto do proxecto presentaron tamén as súas experiencias: a Eurometropolis Lille-Kortrijk-Tournai; o EGTC Cerdanya Hospital; o EGTC Alzette Belval, Pôle Métropolitain Frontalier and PRO-SUD; e o EGTC Niemen-Nemunas.