03 Xuñ O AECT Rio Minho e a Eurocidade Monção-Salvaterra reúnense para falar sobre as Axendas Urbanas Transfronteirizas
O AECT Rio Minho reuniuse hoxe cos representantes políticos da Eurocidade Monção-Salvaterra, António Barbosa, presidente da Câmara Municipal de Monção, e Marta Valcárcel, Alcadesa de Salvaterra de Miño, e as súas equipas técnicas para falar sobre as Axendas Urbanas Transfronteirizas do Río Miño.
Durante o encontro, a técnica do AECT Rio Minho Andreia Barbosa presentou os conceptos básicos aprendidos ao longo do programa de capacitación sobre a configuración das axendas que se desenvolveu nos últimos meses e debatéronse ideas para proxectos de futuro na liña dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable da ONU.
A implantación das Axendas Urbanas Tranfronteirizas no territorio do Rio Minho permitirá que a área transfronteiriza do Río Miño sexa máis inclusiva, resiliente e sostible. A importancia das axendas transfronteirizas reside no seu carácter innovador. Trátase dun traballo de cooperación e de planificación conxunta e sorbe todo concibir o territorio como un área funcional.
O programa de capacitación “Axendas Urbanas Transfronteirizas das Eurocidades do Rio Minho” intégrase no proxecto “Rede de Apoio ás Dinámicas Locais de Coooperación no Río Miño Transfronteirizo” – Rede Lab Minho”, promovido polo AECT Rio Minho e co-financiado polo Programa Interreg V-A España – Portugal”.