27 Out Mesa de traballo sobre Patrimonio en Caminha no marco das Axendas Urbanas Transfronteirizas
A biblioteca municipal de Caminha foi o espazo elixido para a celebración hoxe dunha nova mesa de traballo con máis de 20 asistentes, neste caso sobre Patrimonio Natural e Inmaterial, dentro dos encontros enmarcados no proceso de configuración das Axendas Urbanas Transfronteirizas do Río Miño. As técnicas municipais de Caminha, A Guarda e O Rosal reuníronse con axentes do territorio para compartir as propostas de acción deseñadas en conxunto polos tres concellos e recibir o feedback correspondente por parte dos principais actores interesados neste ámbito.
Así, no encontro, ademais do técnico do AECT Rio Minho, Luis Ulloa, e o xerente da consultora responsable do seguemento do proceso, Arturo González, participaron representantes da Asociación de persoas maiores de O Rosal, da Asociación Cultural Colectivo Carballas, da Asociación Redeiras Atalaia, Associação de pescadores profissionais do rio Minho e mar, da Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica Campo de Concentración de Camposancos e Fosa Común de Sestas, de Corema-Associação De Defesa do Património, da Asociación cultural Xuliva e das Xuntas de Freguesías de Lanhelas e Seixas.
A creación dunha Axenda Urbana Transfronteiriza é un traballo de cooperación e de planificación conxunta baseado nos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS) das Nacións Unidas que ten por obxectivo reforzar a gobernanza común a nivel local, enfocándose na mellora da vidas das persoas.
O programa de capacitación “Axendas Urbanas Transfronteirizas das Eurocidades do Río Miño” intégrase no proxecto “Rede de Apoio ás Dinámicas Locais de Coooperación no Río Miño Transfronteirizo” – Rede Lab Minho”, promovido polo AECT Rio Minho e co-financiado polo Programa Interreg V-A España – Portugal”.