Encontro coas equipas técnicas da Eurocidade Tomiño-Cerveira para falar sobre as Axendas Urbanas Transfronteirizas

O AECT Rio Minho visitou hoxe a Cámara Municipal de Vila Nova de Cerveira para falar sobre as Axendas Urbanas Transfronteirizas e a sólida relación de cooperación bilateral instaurada entre os municipios da Eurocidade Tomiño-Cerveira. Na reunión estiveron presentes o secretario técnico do AECT Rio Minho, António Torres, o técnico do agrupamento europeo, Luis Ulloa, a técnica portuguesa da Eurocidade Tomiño-Cerveira, Sonia Antunez, e o seu homólogo galego, Xabier Macías.

A creación das Axendas Urbanas Transfronteirizas, iniciativa impulsada polo AECT Rio Minho no marco do proxecto europeo Rede Lab Minho, é un traballo de cooperación e de planificación conxunta sobre como concibir o espazo transfronteirizo como un área funcional. O obxectivo final será a creación dun documento referencial que facilite e fortaleza a cooperación desenvolvida nas Eurocidades atendendo aos obxectivos de desenvolvemento sostible das Nacións Unidas.

Trátase dunha idea innovadora que permitirá que as e os técnicos municipais colaboren máis pero sobre todo vai permitir aos concellos aprendan a configurar as súas ideas e os seus proxectos de futuro traballando a un e a outro lado da fronteira.

O Programa de Capacitación “Axendas Urbanas Transfronteirizas das Eurocidades do Río Miño”, enmárcase no proxecto “Rede de Apoio ás Dinámicas Locais de Coooperación no Río Miño Transfronteirizo” – Rede Lab Minho”, promovido polo AECT Rio Minho e co-financiado polo Programa Interreg V-A España – Portugal .