Presentación dos traballos de capacitación das Axendas Urbanas Transfronteirizas da Eurocidade Tui-Valença

No marco do Programa de Capacitación “Axendas Urbanas Transfrointeirizas”, o AECT Rio Minho reuniuse hoxe cos representantes da Eurocidade Tui-Valença, José Manuel Carpinteira, presidente da Cámara municipal de Valença e Enrique Cabaleiro González, alcalde do Concello de Tui, para analizar conxuntamente a proposta realizada polas equipas técnicas dos respectivos concellos para a promoción dunha Axenda Urbana Transfronteiriza e os obxectivos prioritarios seleccionados para o territorio baseados nos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable da ONU.

En concreto, as liñas de acción seleccionadas centráronse na conservación promoción do patrimonio natural e cultural e na protección da paisaxe; no fomento da participación pública, transparencia e gobernanza multinivel; na promoción da cohesión social e da igualdade; na promoción dunha xestión sustentable dos recursos, e na promoción da economía circular.

A creación das Axendas Urbanas Transfronteirizas é unha iniciativa promovida polo AECT Rio Minho dentro do proxecto Rede Lab Minho. A súa implantación permitirá que o territorio transfronteirizo sexa máis inclusivo, resiliente e sostible.

O Programa de Capacitación “Axendas Urbanas Transfronteirizas das Eurocidades do Río Miño”, enmárcase no proxecto “Rede de Apoio ás Dinámicas Locais de Coooperación no Río Miño Transfronteirizo” – Rede Lab Minho”, promovido polo AECT Rio Minho e co-financiado polo Programa Interreg V-A España – Portugal.