O Proxecto LIVHES pon rumbo a Burgos para avanzar na posta en valor do Patrimonio Cultural Inmaterial (PCI)

O Proxecto LIVHES continúa avanzando e da un paso máis no seu obxectivo de atopar e implementar novas fórmulas de posta en valor do importante Patrimonio Cultural Inmaterial (PCI). Esta vez faino poñendo rumbo a Burgos, un dos territorios implicados no proxecto. Alí daranse cita, entre os días 29 e 31 de marzo, os 9 socios para avaliar o estado no que se atopa a iniciativa LIVHES e o seu progreso ao largo destes últimos meses.

Así mesmo, con este novo encontro a Diputación de Burgos, a través da Sociedad para el Desarrollo de la Provincia de Burgos (Sodebur), terá a oportunidade de mostrar aos socios algúns exemplos do seu PCI a través de diversas visitas de estudo e actividades. Entre elas, o toque de campás en Las Quintanillas, a visita ao poboado medieval do Territorio Artlanza, en Quintanilla del Agua, Covarrubias ou a Abadía de Santo Domingo de Silos.

Tras este encontro, os socios do proxecto LIVHES darán luz verde ás experiencias piloto e plans de acción presentados por cada socio e aprobarán o plan de traballo dos próximos seis meses.

Sobre o proxecto LIVHES

A iniciativa LIVHES, co-financiada polo Programa Interreg Sudoe a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), responde a unha necesidade e a un reto territorial compartido polas áreas escasamente poboadas do sur de Europa: atopar e implementar novas formas de poñer en valor o PCI, promovido e recoñecido pola UNESCO, como ferramenta de desenvolvemento económico sostible e cohesión territorial.

Os socios que forman parte deste proxecto son: Pays de Bearn, Diputación de Teruel, Diputación de Burgos, Institut Català de Recerca en el Patrimoni Cultural (ICRPC), Municipio Barcelos, Universidad Pública de Navarra, CIRDOC – Institut Occitan de Cultura, Pyrénées Haut Garonnaises Communauté de Communes y el Agrupamento Europeu de Cooperação Territorial do Rio Minho.