O Observatorio das Dinámicas Transfronteirizas do Río Miño organiza un seminario sobre “Contabilidade no sector público”

O Observatorio das Dinámicas Transfronteirizas (ODT) do Río Miño organizou esta semana un seminario sobre “Contabilidade no sector público” como parte do seu labor de investigación e difusión socioeconómica do río Miño transfronteirizo. No encontro participou profesorado e investigadores da Universidade de Vigo, do Conselho de Acompanhamento das Finanças Públicas de Madeira e do Instituto Superior de Contabilidade e Administração do Porto así como do coordinador técnico do ODT, Xavier Martínez Cobas.

O ODT ten por obxectivo converterse nunha fonte de información sobre o territorio transfronteirizo para persoas estudosas, institucións e persoas emprendedoras facilitando datos que permitan analizar o territorio no seu conxunto e desenvolver políticas públicas e privadas de éxito.  Así mesmo, o ODT eríxese como  unha “ferramenta indispensable” para continuar actualizando a diagnose territorial da Estratexia do Río Miño Transfronterizo, e o seu Plan de Acción.

O ODT nace no ámbito do proxecto “Rede de Apoio ás dinámicas locais de cooperación no Río Miño transfronteirizo – Rede Lab Miño”, cofinanciado polo Programa Interreg V-A España Portugal pero preténdese que se consolide como unha ferramenta independente máis alá da duranción do proxecto europeo grazas  a unha cooperación estable con outras entidades – vía protocolos de colaboración- que permita mantelo no tempo.