O AECT Rio Minho, a CIM Alto Minho e a Deputación de Pontevedra reivindican unha posición contraria á proposta do novo Programa Interreg 2021-2027 que consideran “altamente insuficiente”

O AECT Rio Minho, a CIM Alto Minho e a Deputación e Pontevedra únense nunha reivindicación conxunta para que grande parte dos fondos Interreg sexan verdadeiramente investidos, na súa maior parte, en territorios transfronteirizos. Os representantes das tres entidades reuníronse, este xoves, para analizar o novo Programa de Cooperación Transfronteiriza Portugal-España 2021-2027 (Interreg POCTEP), que consideran “altamente insuficiente” para os intereses do territorio fronteirizo dos grandes ríos Miño e Limia e deturpa os fundamentos e obxectivos da UE para o programa de apoio aos territorios fronteirizos con dinámicas e sinerxias propias.

Durante o encontro a Presidenta da Deputación (Carmela Silva), o Presidente da Comunidade Intermunicipal do Alto Minho (Manoel Batista) e o Director e o Subdiretor do AECT Rio Minho (Rui Teixeira e Uxío Benítez), acordaron solicitar reunións aos representantes dos Gobernos de España e Portugal, así como da Comisión Europea, para expoñer as súas posturas sobre a proposta do Programa Interreg.

A principal discusión, e que causa gran malestar por parte dos territorios fronteirizos, é o texto das bases do novo Programa de Cooperación Transfronteiriza Interreg 2021-2027, que admite que territorios moi afastados da “raia” fronteiriza sexan beneficiarios dos fundos de cooperación transfronteiriza, como por exemplo as provincias de Lugo, Sevilla, Córdoba ou Valladolid, en España, ben como todo o territorio continental de Portugal, á excepción da Área Metropolitana de Lisboa e da Esteiro do Texo.

Ante o actual proceso de consulta pública, as tres entidades (AECT Rio Minho, CIM Alto Minho e Deputación de Pontevedra) consideran obrigatorio queixarse que estes fondos no se volvan terxiversar e que se destinen na súa maior parte a territorios con elevado dinamismo social, económico, cultural, xunto con recursos ambientais fronteirizos conxuntos. Non obstante, o AECT Rio Minho reivindica a implantación dunha Intervención Territorial Integrada (ITI) para a área funcional do río Miño, que permitirá executar investimentos concretos no ámbito da Estratexia Rio Minho 2030, así como a xestión por parte do AECT dos chamados small projects, que teñen como obxectivo apoiar pequenas iniciativas de cooperación transfronteiriza, mas que son fundamentais para o territorio do Alto Minho Transfronteirizo.