A Eurocidade Tui-Valença inicia unha nova fase de traballo para configuración dunha Axenda Urbana Transfronteiriza

O AECT Rio Minho e as equipas técnicas da Eurocidade Tui-Valença mantiveron hoxe un nova reunión sobre os próximos pasos a seguir de cara á configuración da súa Axenda Urbana Transfronteiriza.

Dende o agrupamento europeo explicouse que os concellos contarán en todo momento co apoio técnico do AECT Rio Minho e dunha empresa consultora externa, que os guiará á hora de  executar o proceso. Nesta segunda fase de traballo seleccionaranse dúas áreas temáticas sobre as que se crearán liñas de acción. O programa incluirá tamén  un proceso de participación pública e reunións entre as equipas técnicas e os axentes sociais involucrados.

O programa de capacitación “Axendas Urbanas do Rio Minho” intégrase no proxecto “Rede de Apoio ás Dinámicas Locais de Coooperación no Río Miño Transfronteirizo” – Rede Lab Minho”, promovido polo AECT Rio Minho e co-financiado polo Programa Interreg V-A España – Portugal”.