As equipas técnicas municipais de Melgaço, Arbo e As Neves presentan o seu traballo sobre Axendas Urbanas Transfronteirizas

O AECT Rio Minho participou hoxe na Cámara de Melgaço nun novo encontro dentro da rolda de presentacións dos traballos finais do programa de capacitación das “Axendas Urbanas Transfronteirizas do Río Miño”. A reunión asistiron o vicepresidente da Cámara de Melgaço, José Adriano Lima, o alcalde de Arbo, Horacio Gil, o rexedor de As Neves, Xosé Manuel Rodríguez, e as técnicas municipais dos tres concellos, que expuxeron os traballos desenvolvidos en conxunto durante o programa de capacitación, onde identificaron os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS) e liñas de acción seleccionadas para o seu territorio.

A implantación dunha Axenda Urbana Tranfronteiriza no territorio do Río Miño ten por obxectivo reforzar a gobernanza común a nivel local, enfocándose na mellora da vidas das persoas. A importancia das axendas transfronteirizas reside no seu carácter innovador. Trátase dun  traballo de cooperación e de planificación conxunta e sobre todo de concibir o territorio como un área funcional.

O programa de capacitación “Axendas Urbanas Transfronteirizas das Eurocidades do Río Miño” intégrase no proxecto “Rede de Apoio ás Dinámicas Locais de Coooperación no Río Miño Transfronteirizo” – Rede Lab Minho”, promovido polo AECT Rio Minho e co-financiado polo Programa Interreg V-A España – Portugal”.