06 Xuñ As equipas técnicas municipais da Guarda, O Rosal e Caminha presentan o seu traballo sobre Axendas Urbanas Transfronteirizas
O AECT Rio Minho reuniuse hoxe no Concello da Guarda co rexedor da vila, António Baz, o presidente da Cámara de Caminha, João Pinto, e a alcaldesa de O Rosal, Ánxela Callís, para a presentación do traballo final da capacitación sobre Axendas Urbanas Trasnfronteirizas realizado conxuntamente polas equipas técnicas municipais dos tres concellos.
Os responsables locais destacaron o valor deste primeiro documento e felicitaron aos técnicos polo esforzo realizado. Durante o encontro debatéronse diferentes propostas centradas na área da cultura, así como outros problemas comúns que afectan ás tres vilas.
O Programa de Capacitación “Axendas Urbanas Transfronteirizas das Eurocidades do Rio Minho” forma parte do proxecto “Rede de Apoio á Dinámica Local de Cooperación no Río Miño Transfronteirizo” – Rede Lab Minho “, promovido polo AECT Rio Minho e co-financiado polo Programa Interreg V-A España – Portugal. A súa implantación permitirá que o territorio transfronteirizo sexa máis inclusivo, resiliente e sostible.