As equipas técnicas da Eurocidade Tui-Valença presentan o seu traballo sobre Axendas Urbanas Transfronteirizas

No marco do proceso de elaboración dunha Axenda Urbana Transfronteiriza, o AECT Rio Miño reuniuse cos representantes políticos da Eurocidade Tui-Valença, José Manuel Carpinteira, presidente da Cámara municipal de Valença, Enrique Cabaleiro González, Alcalde de Tui, e os técnicos dos respectivos concellos para analizar os próximos pasos no desenvolvemento dunha Axenda Urbana Transfronteiriza.

A implantación das Axendas Urbanas Transfronteirizas no territorio do Rio Minho permitirá que a área transfronteiriza sexa máis inclusiva, resiliente e sostible. A importancia das axendas transfronteirizas reside no seu carácter innovador. Trátase dun  traballo de cooperación e de planificación conxunta e sorbe todo concibir o territorio como un área funcional.

O programa de capacitación “Axendas Urbanas Transfronteirizas das Eurocidades do Rio Minho” intégrase no proxecto “Rede de Apoio ás Dinámicas Locais de Coooperación no Río Miño Transfronteirizo” – Rede Lab Minho”, promovido polo AECT Rio Minho e co-financiado polo Programa Interreg V-A España – Portugal”.