A elaboración do Plan de Actividades e Orzamento para 2024 centrou a reunión que mantivo onte o Consello de Coordinación do AECT Rio Minho

Onte tivo lugar en Valença unha reunión do Consello de Coordinación do AECT Rio Minho, co obxectivo de traballar na proposta do Plan de Actividades e Orzamentos para o vindeiro ano 2024, que será aprobada na próxima reunión do Consello de Coordinación que terá lugar o vindeiro 20 de novembro. Tamén se abordaron outras cuestións relacionadas coa execución de futuros proxectos e de interese para a actividade do AECT Rio Minho.