Nace a Rede Nacional do Patrimonio Cultural Inmaterial

Nace a Rede Nacional do Patrimonio Cultural Inmaterial

Nace a Rede Nacional do Patrimonio Cultural Inmaterial

 

O AECT Rio Minho participou na xuntanza inicial, na que foron presentadas as liñas xerais de acción desta rede

O Palacio Nacional da Ajuda de Lisboa acolleu o primeiro encontro da Rede Nacional do Patrimonio Cultural Inmaterial (RNPCI), que nace co obxectivo de compartir coñecementos, experiencias e boas prácticas, buscando potenciar un traballo de colaboración múltiple co foco na salvagarda e revitalización do Patrimonio Cultural Inmaterial

O AECT Rio Minho, xunto con outras entidades colaboradoras xa adheridas, participaron neste primeiro encontro, in situ ou en liña. Foron presentadas as liñas xerais de acción da Rede pero tamén se deu paso ás entidades participantes para que expuxeran as súas expectativas e propostas para a dinamización desta nova estrutura informal e aberta, debaténdose o modelo e a forma de operatividade e funcionamento futuros.

Durante o encontro tamén foi presentado ás persoas asistentes o Programa Portugal Inmaterial, promovido pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural ao longo deste ano conmemorando o 20 aniversario da Convención para a Salvagarda do Patrimonio Cultural Inmaterial da UNESCO. Ademais, abordáronse formas de participación ampla e conxunta das entidades membro da Rede na dinamización da segunda e terceira fase do programa, ‘O territorio’ e ‘A festa’, que terán lugar entre o 17 e o 22 de outubro cun modelo de celebración descentralizada.